Entre as celebracións de fin de curso, esta resultou especialmente divertida. Sobre o terreo, en equipos compostos por membros de todos os niveis, xogamos xuntos resolvendo as probas que preparou o profe de Educación Física: adiviñar, calcular, seguir pistas... co plano nas mans e no menor tempo posible. Había probas para todos os membros dos equipos, axudámonos e conseguimos resolver, pero sobre todo, divertímonos moito.
30/6/15
29/6/15
INVESTIGANDO SOBRE O CALENDARIO
Os nenos e nenas de 3º descubriron e aprenderon moitas cousas sobre os calendarios e a súa historia. Prepararon esta presentación para contárnolo:
26/6/15
PINTORES E MATEMÁTICAS
Os nenos e nenas de Educación Infantil continuaron traballando coas formas xeométricas, coñecendo a dous pintores que atoparon nas liñas, cores e formas un recurso para a expresión artística. Cadaquén elaborou o seu libriño do proxecto. Aquí vemos un exemplo:
15/6/15
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Aquí está o resultado do noso traballo, observando a realidade para ver as matemáticas que nos rodean. Con estas fotos participamos no II Concurso de Fotografía matemática do IES de Salvaterra de Miño.
Tamén compartimos unha grata sesión co profesorado do Departamento de Matemáticas do IES, que nos visitou para achegarnos outra visión: "Un día sen matemáticas". Ademais puidemos practicar unha actividade de papiroflexia, na que sairon moitos contidos e vocabulario matemático.
3/6/15
BIOGRAFÍAS
Moi interesante coñecer as vidas de personaxes históricos que contribuiron ao progreso das matemáticas e da ciencia. Os equipos de 4º, 5º e 6º leron sobre Fibonacci e os seus descubrimentos, sobre algunhas mulleres matemáticas e sobre Leonardo da Vinci, elaboraron resumes e expuxeron para os demais... cantas cousas que non sabíamos!
2/6/15
AS REGRETAS DE NEPER
Un equipo de 4º explica como construiron as regretas de Neper e como se utilizan para multiplicar:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)